21/07/2020
Obxecto: adxudicar as prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social, para o curso académico 2020/21, para persoas mozas, de 16 a 30 anos, en réxime de concorrencia competitiva.
Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.
O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:
Cidade |
Residencia |
Núm. de prazas |
Lugo |
Centro Residencial Xuvenil LUG |
74 home/muller |
Ourense |
Florentino López Cuevillas |
55 home/muller |
Vigo |
Altamar |
87 home/muller |
Do total de prazas resérvase:
- un 9 % ( Lugo: 7, Ourense: 5 e Vigo: 8 prazas) para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional, tanto se é por conta propia como allea.
- un 9 % ( Lugo: 7, Ourense: 5 e Vigo: 8 prazas) para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de agosto
Estudantes: solicitude praza de re...
Persoas traballadoras: solicitude ...
Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200721/AnuncioG0425-130720-0001_gl.pdf