Residencias de Tempo Libre da Consellería de Política Social: apertura do prazo de adxudicación de estadías na tempada de verán

12/04/2017

Apertura do prazo de solicitude de estadías, durante a tempada de verán, nas residencias de tempo libre de de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) dependentes da Consellería de Política Social.

 

Persoas destinatarias:

Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior.

Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

 

 Servizos ofertados:

  • Servizos de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.

  • Servizos para non residentes: servizo de comedor para familiares e amizades das persoas residentes.

Solicitudes:

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas.

 

 

A solicitude (anexo I) irá acompañada da seguinte documentación:


  • Certificado de discapacidade, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Copia do título de familia numerosa, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Copia da resolución administrativa de acollemento, de ser o caso, só no caso de non ser expedida pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Copia do certificado de monoparentalidade, de ser o caso, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, concretamente o documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante.


Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:


  • Certificado de discapacidade expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Título de familia numerosa expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Resolución administrativa de acollemento expedida pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Certificado de monoparentalidade expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.


No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.


Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

Presentación de solicitudes


As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal


Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.


Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de maio.


Adxudicación de estadías

 

A adxudicación das prazas efectuarase por sorteo de datas. O dito sorteo terá lugar o día 8 de maio de 2017, ás 10.00 horas, nas dependencias da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social (San Caetano s/n, Santiago de Compostela), que será público e terá lugar ante a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social. Deste sorteo redactarase acta e remitirase o resultado ás persoas titulares das xefaturas territoriais competentes por razón do territorio en que se atopan as residencias de tempo libre.

O día 25 de maio de 2017 publicarase a relación das persoas beneficiarias coas estadías e quendas adxudicadas nas páxinas web http://benestar.xunta.es/ e www.familiasgalegas.org.


Do mesmo xeito, farase e publicarase nas mesmas páxinas web unha relación das persoas solicitantes que queden en reserva.

Reserva de quendas para familias de especial consideración segundo da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

  • primeira quenda do mes de agosto para as familias numerosas

  • última quenda do mes de xullo para as familias acolledoras

  • segunda quenda do mes de xullo para as familias monoparentais

As prazas das quendas reservadas que non se cubran incluiranse na quenda xeral.

As familias acolledoras, numerosas e monoparentais que se presenten a unha quenda distinta da reservada para elas non terán ningunha preferencia.

Non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán na mesma residencia.

 

Estadías das persoas residentes

Residencia

Mes

Quenda

Tempada

Panxón

Xullo

Do 1 ao 10

Do 12 ao 20

Do 22 ao 30

Alta

Agosto

Do 1 ao 10

Do 12 ao 20

Do 22 ao 30

Alta

Setembro

Do 1 ao 10

Alta

O Carballiño

Xullo

Do 1 ao 10

Do 12 ao 20

Do 22 ao 30

Alta

Agosto

Do 1 ao 10

Do 12 ao 20

Do 22 ao 30

Alta

Setembro

Do 1 ao 10

Alta

 

Convocatoria:

 Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2017. (GALEGO)

 

Orden de 7 de abril de 2017 por la que se convoca el procedimiento de adjudicación de estancias y servicios en las residencias de tiempo libre adscritas a esta consellería para el año 2017.  (CASTELLANO)

Procedemento BS419A (Solicitude e tramitación en liña)



 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a