Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > RESIDENCIAS TEMPO LIBRE

Forma de acceso:

A adxudicación das estadías na tempada estival regúlase mediante orde de carácter anual, podendo ser solicitada por:

  • As persoas maiores de idade, ou menores acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio do Estado español.
  • As galegas e galegos residentes no exterior.

Publicada a orde anual de convocatoria de adxudicación das estadías no DOG, as solicitudes (segundo modelo oficial) remitiranse ós departamentos territoriais correspondentes e a adxudicación das prazas efectuaranse por sorteo de datas, que será público e terá lugar ante o/a delegado/a de Traballo e Benestar correspondente á cadansúa provincia en que están situadas as residencias.


Servicios ofertados:

  • Servizos de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.
  • Servizos para non residentes: servizo de comedor para familiares e amizades das persoas residentes.


Aloxamento :
  O Carballiño Panxón
INDIVIDUAL 16  
DOBLES 50 40
TRIPLES   35
CUADRUPLES 12 5

Estadía e mantenza dos/as residentes:
Mes Quenda Tempada Prezos/Persoa/Dia
xullo
Do 1 ao 10
Do 12 ao 20
Do 22 ao 30
Alta 27€
agosto
Do 1 ao 10
Do 12 ao 20
Do 22 ao 30
Alta 27€
setembro Do 1 ao 10 Alta 27€

RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DO CARBALLIÑO

Zona do Parque, s/n
32500 O Carballiño (Ourense)
Tel: 988 270 200
Correo electrónico:rtlcarballino@xunta.es

Situada no municipio de O Carballiño, ao NO da provincia de Ourense e inmersa na cunca do río Arenteiro, entre os declives meridionais da serra do Faro ao norte e o val do río Avia ao sur. Un lugar que se debe ter en conta polo seu excelente clima morno, e se pode aproveitar a estanza para gozar dos seus relaxantes augas termais, a pesca fluvial, a saborosa gastronomía e os recoñecidos viños do Ribeiro, o pan de Cea e a súa típica repostaría.


RESIDENCIA TEMPO LIBRE DE PANXÓN

Rúa Cansadoura, 2
36340 Nigrán (Pontevedra)
Tel: 986 365 125
Correo electrónico: rtlpanxon@xunta.es

A vila mariñeira de Panxón atópase no municipio de Nigrán, a 15 quilómetros de Vigo, nas estribacións do Val Miñor, entre a ría de Vigo e a enseada de Baiona, limitado polas serras que separan o val do Fragoso e as costas que nos levan ás paradisíacas illas virxes das Cíes. A residencia está situada en primeira liña, a nivel da costa na praia de Patos. Un marco ideal para gozar dunhas merecidas vacacións, aproveitado un clima suave tipo oceánico ou a gastronomía típica da zona, como son os peixes, os mariscos e demais produtos do mar.