Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLA/O MENOR 3 ANOS

Requisitos
  • Residir en Galicia.
  • Ter fillas/os menores de 3 anos (nados entre o 02/01/2007 e o 01/01/2010)
  • Que as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.
  • Non ter a obriga de presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, por razón de ingresos obtidos durante o ano 2008. Quedan excluídas as unidades familiares nas que os ingresos (individuais ou conxuntos) superasen os 22.000 euros, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF.
  • No caso de fillas/os adoptadas/os ou acollidas/os, a prestación concederase durante os tres anos posteriores é data de inscrición da adopción ou do acollemento no rexistro civil, ou de ser o caso, a data da resolución xudicial ou administrativa.
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, a/o beneficiaria/o será o proxenitor que teña a custodia.

Documentación necesaria
Novas solicitudes:
  • Copia do libro de familia ou certificación literal de nacemento das/os nenas/os do rexistro civil.
  • Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
  • No caso de separación, divorcio ou nulidade, copia da sentenza e do convenio regulador, de ser o caso.
  • No caso de nenas/os en adopción ou acollemento, copia do auto xudicial de adopción, resolución xudicial da tutela ou contrato administrativo do acollemento.
  • Copia da folla da libreta ou cartilla de aforros, ou certificación bancaria, na que figure o número de conta na que desexe recibir o ingreso, na que ten que figurar como titular a persoa que asina a solicitude..
  • Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto. A presentación da solicitude comportará a autorización para obter os datos do Ministerio da Presidencia, da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda, para completar a documentación necesaria.

A presentación da solicitude comportará a autorización para obter os datos do Ministerio da Presidencia, da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda, para completar a documentación necesaria.

Renovación (se non se modificaron datos esenciais respecto do ano anterior):
  • Instancia cuberta (poderá obterse aquí).
Renovación (con modificación de datos respecto dalgún dos proxenitores có ano anterior):
  • No caso de nulidade, separación ou divorcio: copia da sentenza e do convenio regulador, de ser o caso.
  • No caso de parellas de feito: certificación de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar, podendo substituírse por un informe dos servizos sociais.
  • No caso de falecemento: certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de xuño.