Unha
Familia Numerosa é a unidade familiar formada por un ou dous ascendentes
e tres ou mais fillas ou fillos,
sexan ou non comuns.
E aquelas que
estean formadas por:
- Unha ou dúas persoas ascendentes con dúas fillas
ou fillos, sexan ou non comúns, sempre e
cando unha destas sexa discapacitada
ou estea incapacitada para traballar.
- Dúas persoas ascendentes,
cando ambas fosen discapacitadas, ou como mínimo unha delas
tivese un grao de
discapacidade igual ou superior ao 65%, ou estivesen incapacitadas
para
traballar, con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns.
- A
nai ou o pai separados ou divorciados, con tres ou máis fillas ou fillos, sexan
ou non
comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares ou non vivan
no domicilio
conxugal, sempre que estean baixo a súa dependencia
económica.
- Dúas ou máis irmás e irmáns orfos de nai e de pai
sometidos a tutela, acollemento ou garda,
que convivan coa persoa titora,
acolledora ou gardadora, pero que non estean ás
súas
expensas.
- Tres ou máis irmás ou irmáns orfos de nai e de
pai, maiores de 18 anos (ou dous, se un deles
é discapacitado), que convivan
e teñan unha dependencia económica entre eles.
- Nai ou pai con dúas
fillas ou fillos, cando falece a outra persoa proxenitora.