A mediación familiar é un procedemento de carácter voluntario dirixido a facilitar a comunicación entre os membros da familia, co fin de que xestionen por si mesmos unha solución aos conflitos que os afecten coa intervención dunha persoa mediadora, quen actuará de forma neutral, imparcial e confidencial. Os seus obxectivos son:
As persoas interesadas deben presentar unha solicitude de mediación e designación de mediadores ou mediadoras familiar (procedemento BS426B)
A dita solicitude poderá presentarse:
Poderán elixir a persoa mediadora entre as e os profesionais inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores Familiares de Galicia. Se non hai acordo, será designada de oficio pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Consellería de Política Social.
Este servizo non é gratuíto, a sesión inicial ten un custo establecido normativamente de 60€ a pagar entre as dúas partes. Sen embargo, pode ser gratuíta, se se ten dereito a xustiza gratuíta. De ser o caso, debera indicalo na solicitude e xuntar coa solicitude a documentación xustificativa que se indica.
A solicitude, xunto coa documentación requirida e/ou as autorizacións correspondentes para poder consultar a documentación ou os datos que obren no poder das administracións e que non achegan, poderán presentala:
Documentos adxuntos
Ligazóns