A mediación familiar é
un procedemento de resolución de conflitos, extraxudicial
e
voluntario, que mediante a intervención dunha persoa profesional
especializada no eido
psico- socio-familiar, trata de axudar as parellas que
teñen ou tiveron unha relación,
co obxectivo de resolver de mutuo
acordo as consecuencias da separación, nulidade, divorcio
ou ruptura
da súa relación, e ofrecerlles unha solución pactada para a
súa problemática.
Obxetivos
- Darlle á
parella a oportunidade de separarse do xeito menos conflitivo
posible.
- Axudar a parella a resolver por si mesma as discrepancias
mantidas respecto da súa
separación para que tome as
decisións máis axeitadas, fomentando a co-parentalidade
e
reducindo o risco de que as/os menores se utilicen como moeda de cambio na
negociación.
- Conseguir acordos duradeiros e que se incumpran
menos, xa que os pactos negociados e
aceptados libremente perduran sobre os
impostos.
¿Como se
accede?
As persoas interesadas deben presentar unha solicitude
de designación de mediadores
familiares (anexo II do Decreto 159/2003,
do 31 de xaneiro) e documentación requerida.
Poderán presentala
de xeito conxunto ou unha das partes, proporcionando os datos da outra
parte
para solicitar o seu consentimento.
Poderán elixir a persoa mediadora
entre os/as profesionais inscritos/as no
Rexistro de
Persoas Mediadoras de
Galicia. Se non hai acordo, será designado pola Consellería
de
Traballo e Benestar.
Documentación necesaria
Para
solicitar a mediación, presentarase cuberto o Anexo II do
Decreto
159/2003, do 31 de xaneiro, publicado no DOG do 4 de marzo de 2003.
E no caso de
aqueles que poidan beneficiarse da
asistencia xurídica
gratuíta,
deberán presentar o Anexo III xunto coa
documentación que se indica
nel
Subprograma
Mediagal
Que é
Mediagal? Unha liña de axudas de cobertura do
custo dos procesos de
mediación. Consiste na adxudicación e entrega ás persoas
beneficiarias de
cheques de servizo gratuíto cun valor nominal establecido
normativamente por
sesión, ata un máximo de 6 sesións.
Como se
accede?
A través
dunha orde anual de axudas, sendo necesaria a presentación
dunha instancia e
documentación requerida.
Que requisitos deben
cumprir?
- Residir en Galicia.
- Que iniciasen ou solicitasen a
iniciación
dun proceso de mediación con algunha das ou dos profesionais
inscritos no
Rexistro de Mediadoras e Mediadores Familiares de Galicia e estean
adheridos
ao programa Mediagal de mediación familiar galega.