Persoas
destinatarias
Nenas/os residentes en Galicia de entre tres meses e tres
anos de idade.
Onde recoller
as solicitudes
Nas escolas infantís 0-3 dependentes da
Consellería de Traballo e Benestar, nos departamentos territoriais e na web das
escolas infantís Galiña Azul .
Prazo e lugar de presentación
O prazo
de presentación de solicitudes de reserva de praza e de novo ingreso
será o que se establece na correspondente orde anual de
adxudicación de prazas.
O lugar de presentación
serán os rexistros dos departamentos territoriais onde teña o seu
domicilio a/o solicitante, así como todos os lugares previstos no artigo
38.4 da Lei 30/92.
Relación de admisións
A
relación definitiva de admitidas/os publicarase antes do día 31 de
maio.
As listaxes provisionais e definitivas de admitidas/os
así como as de espera, estarán expostas nos taboleiros das escolas
infantís 0-3 solicitadas, nos departamentos territoriais e na web de
Galiña Azul e a Consellería de Traballo e Benestar
Confirmación de praza
A
praza será confirmada, no prazo de 10 días naturais (dende o 1 ata
o 10 de xuño, ambos os dous incluídos), mediante a
presentación no centro do certificado médico da/o nena/o e o
impreso de matrícula que se facilitará no propio centro.
Documentación
-
Comú
n (solicitantes de reserva de praza e novo ingreso):
-
Solicitude
segundo o modelo do anexo I (reserva) ou anexo II da orde (novo ingreso).
- Fotocopia do DNI da/o solicitante.
- Fotocopia cotexada do
libro de familia.
- Autorización para a obtención de
datos tributarios á Consellería de Traballo e
Benestar.
-
Novo ingreso (poderán presentar, se
é o caso):
-
Informe do equipo de valoración e
orientación dos departamentos territoriais, ou outros órganos
competentes, sobre a necesidade de integración de nenas/os con
discapacidade.
- Certificado de minusvalía, se non foi
expedido pola Comunidade Autónoma.
- Outros
documentos nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais
puntuables no baremo.