>  REXISTRO DAS PERSOAS MEDIADORAS

REXISTRO DAS PERSOAS MEDIADORAS

Requisitos de inscrición no Rexistro das Persoas Mediadoras

Poderanse inscribir as persoas que reúnan os requisitos seguintes:

  • Estar en posesión da titulación de dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, traballo social ou educación social.
  • Estar en posesión das licenzas ou autorizacións pertinentes para o exercicio da súa actividade profesional.
  • Ter desenvolvido, como mínimo durante os dous anos inmediatamente anteriores á solicitude de inscrición no rexistro, actividades profesionais no eido psico-socio-familiar.

Solicitude e documentación para inscrición no Rexistro das Persoas Mediadoras

Para solicitar a inscrición no rexistro de mediadoras/es de Galicia presentarase cuberta a solicitude normalizada (Anexo I do Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro), xunto coa documentación xustificativa que se indica no dito decreto e o pagamento das taxas establecidas a tal efecto, mediante o Modelo AI (autoliquidación de taxas)

(Códigos: Consellería: Política Social - 14, Servizo: Secretaría - 001, Delegación: Servizos Centrais - 13, Taxa: Habilitación para o rexistro de mediación familiar - 303101)

Lugar de presentación de solicitudes:

  • por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
  • en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Atención e asesoramento:

Consellería de Política Social

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

San Caetano, s/n; 15781 Santiago de Compostela

Tel. 981957165 – 981545671

Documentos adxuntos

Ligazóns

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a