OS SEUS BENEFICIOS E AS SÚAS VANTAXES SON:
- É un proceso gratuíto e, en todo caso, diminúe o custo económico e emocional da ruptura. De tres a oito sesións,
de hora a hora e media de duración, pódese alcanzar un acordo duradeiro e mutuamente aceptado que só necesita ser ratificado xudicialmente.
Evitando trámites procesuais e posibles incidentes xudiciais, co conseguinte custo económico e emocional.
- É mais flexible e creativo que o ríxido proceso xudicial, admitindo todo tipo de alternativas e respectando o interese superior dos menores e os principios de orde pública e deontoloxía profesional.
- Evita a xudicialización innecesaria dos conflitos e, sobre todo, caer nunha dinámica de crecente confrontación entre os proxenitores,
de enquistamento de posicións e reduce o risco de que as/os menores se utilicen como moeda de cambio na negociación.