Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > EDUCACIÓN FAMILIAR

Que son os Programas para a Educación Familiar?
Son programas que pretenden detectar e anticiparse ás situacións de dificultade social, dotando ás familias das competencias necesarias que favorezan un axeitado exercicio das funcións familiares e faciliten procesos de autonomía, responsabilidade e participación social das persoas, grupos e comunidades. Contemplan actuacións relacionadas con: habilidades e competencias parentais, roles, responsabilidades e funcións das familias, educación para a saúde e afectivo-sexual, acompañamento e orientación cara o emprego, seguimento escolar e prevención do absentismo escolar, vivenda, etc. acordes coa diagnose realizada de cada núcleo familiar.

Que persoal os desenvolven?
Son desenvolvidos por persoal técnico especializado no traballo con familias, que forman parte do equipo de servizos sociais comunitarios dos concellos, sos ou agrupados.

Como traballan?
Coas familias e as persoas que as integran, acompañando e orientando procesos de cambio nos seus modos de xestión dos problemas cotiás, incrementando as súas expectativas de futuro e facilitándolles o acceso aos recursos comunitarios. A nivel grupal, abordando temas do seu interese: límites e normas cos fillos e fillas, autoestima e seguridade para a abordaxe de diferentes situacións, modelos de resolución de problemas, etc.. En definitiva, promovendo as competencias das familias e potenciando un desenvolvemento óptimo da vida familiar e social. A nivel comunitario, coordinando actuacións con:
  • os recursos e servizos da comunidade (centros educativos, sanitarios, asociacións, etc.), motivando a participación e o compromiso dos diferentes axentes na mellora dos problemas sociais e do benestar das familias,
  • e con outros recursos especializados, que interveñen nalgún aspecto da vida das familias, para favorecer unha resposta integral. Como son os gabinetes de orientación familiar, os equipos técnicos do menor, os puntos de encontro familiar, etc.
Na actualidade, existen programas para a educación familiar en 200 concellos de Galicia, desde os que se traballa cunha media global de 6.150 familias ao ano.