O IV Plan Integral de Apoio
ás Familias constitúe o marco sobre o que artellar a política do autogoberno
galego no que respecta á estabilidade, calidade de vida, autonomía e benestar
que permita un mellor desenvolvemento das familias galegas nos distintos
escenarios sociais (traballo, vivenda, educación, etc).
O Plan quere
ser un instrumento para o impulso, desenvolvemento e apoio á familia, así como o
marco de referencia sobre o que traballar e deseñar unha política de apoio á
familia, facilitando o normal desenvolvemento e integración dos seus membros na
sociedade galega.
No seu proceso de elaboración téntase dar
centralidade ás medidas dirixidas á coordinación e á implicación das diversas
administracións e entidades sociais, así como dos posibles beneficiarios das
accións que se recollen no Plan. En consecuencia, preténdese que na constitución
do propio Plan se xere un proceso de integración política a diferentes niveis
que permita garantir tanto a súa funcionalidade social como a súa propia
sostenibilidade.
Como cuestión xeral o Plan
as
Directrices Estratéxicas marcan as orientacións xerais ao
conxunto dos sectores. Son pautas comúns sobre as que articular o
desenvolvemento das medidas concretas que se formulan para casa un dos
ámbitos de actuación. A estrutura dos sectores e subsectores
responde a unha lóxica de planificación. Neste senso, cada
sector
e subsector está estruturado en Obxectivos, Programas e
Accións.
Máis en concreto a secuencia de ordenación dos
sectores responde
á seguinte lóxica: As directrices
estratéxicas formulan
recomendacións que afectan
transversalmente ao conxunto da secuencia
Obxectivo Xenérico-
Programas-Accións, e que poden axudar ao
éxito de
implementación das medidas.
Obxectivos xenéricos (Obxectivos da
área)
Pretende conseguir efectos xenéricos que a longo
prazo
supoñan unha alternativa de mellora a problemas e realidades das
familias.
Correspóndense ao nivel de Planificación
estratéxica.
Programas
Marca estratexias de acción e,
ao mesmo tempo, identifica metas
específicas que, se entende,
cómpre desenvolver para acadar o
obxectivo xenérico. Procura
conseguir uns efectos de carácter
máis específico e a medio
prazo. Son obxectivos máis
específicos que poden derivar dun ou
varios obxectivos
xenéricos e que equivalerían ao nivel de
Planificación
táctica.
Accións ou
actuacións concretas
Remite á idea de acción
concreta, por canto ten un carácter
máis focalizado e derivan
dunha ou varias liñas de acción.
Correspóndense ao nivel de
Planificación operativa.
Principios e presupostos
metodolóxicos
- Corresponsabilización da Administración
pública e da sociedade civil. O deseño do IV Plan Integral de Apoio á Familia
ten como obxectivo implícito tramar unha rede de colaboración entre os poderes
públicos e a sociedade civil, que permita afrontar con maior garantía as
políticas e programas en materia de familia. Tan importante como definir as
liñas estratéxicas será comprometer aos diferentes actores, públicos e privados,
nunha lóxica de cooperación que permita e garanta a implementación das
medidas.
- Integración dos coñecementos científicos cos saberes
sociais. A elaboración do diagnóstico pretende a integración do coñecemento
científico e técnico cos saberes que residen na sociedade e co producido nos
espazos de participación. O obxectivo é conxugar o conxunto dos saberes
existentes e poñelos ao servizo do deseño e da mellora da acción pública e
social en materia de familia.
- Transversalidade da actuación
pública. O Plan asume un carácter transversal, impregnando a actuación de
distintos departamentos dentro e fóra da administración autonómica. Neste
sentido, quérese establecer espazos de cooperación entre os distintos
departamentos da Xunta de Galiza que poden incidir positivamente na resposta á
mellora da calidade de vida nas familias galegas. Estes espazos de colaboración
fanse extensivos ademais cara a outras administracións e ás organizacións
sociais.
- Articulación dos planos político, técnico e social. O
Plan concíbese como unha estratexia compartida entre os planos político,
técnicos e social, polo que habilita os espazos de diálogo que permitan chegar a
un consenso entre eles. Todos os actores sociais implicados deben sentir como
propio o Plan, polo tanto deben ser os protagonistas da súa
elaboración.
Proceso participativo
A elaboración do Plan
partirá dunha dimensión netamente participativa, tendo como principais
obxectivos os seguintes:
- Implicar ao conxunto dos actores
relevantes para o deseño e implementación do Plan, integrando os planos
político, técnico e cidadá.
- Integrar ás distintas perspectivas
na constitución dun consenso social estratéxico que corresponsabilice ao
conxunto de participantes nas políticas públicas de apoio ás familias.
- Asentar un capital social sobre o que apoiar a implementación do Plan, así
como outras accións públicas dirixidas ao sector.
- Asumir a
elaboración do Plan como unha oportunidade de desenvolver unha actuación pública
de integración dos colectivos sociais, e definir unha estratexia de cooperación
para o futuro.
- Construír, de maneira participativa, o
Diagnóstico e o Plan de Acción, articulando de forma integrada a información
científica e a xurdida nos propios espazos de participación. O traballo destes
espazos é clave para organizar o coñecemento do Diagnóstico de maneira funcional
para a definición de propostas de actuación.
- Debater e
contrastar o Plan de Acción a partir do diagnóstico elaborado na primeira
fase.