Prórroga da vixencia dos títulos e carnés de familia numerosa durante o período do estado de alarma derivado da emerxencia sanitaria por COVID-19

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica prorroga a vixencia dos títulos de familia numerosa e os carnés familiares expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia que caduquen entre o 1 de xaneiro de 2020 ata o transcurso de 3 meses dende o levantamento das medidas derivadas da declaración do estado de alarma.

Non obstante, logo de finalizado o estado de alarma, deberá solicitarse a súa renovación pola canle ordinaria.

Esta prórroga non se aplica respecto dos fillos que deixen de cumprir os requisitos previstos na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas por cumprir os 26 anos de idade e non ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

Ligazóns de interese

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a