Teléfono social de acompañamento e apoio á cidadanía ante a pandemia COVID-19

Na actual situación de emerxencia sanitaria, o teléfono do voluntariado (900 400 800), dependente da Consellería de Política Social, funcionará tamén como un teléfono social.

O obxectivo é proporcionar acompañamento e apoio aos cidadáns que o precisen, priorizando aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social.

O horario deste servizo será de 8.00 a 20.00 horas os sete días da semana.

O persoal que atende este teléfono responderá, de xeito maioritario, os seguintes tipos de chamadas:

  • Persoas que chaman para resolver dúbidas básicas relacionadas co COVID-19, que son solucionadas ou ben redirixidas ao 012.
  • Persoas que chaman para ofrecerse como voluntarias, que son atendidas polo servizo de Voluntariado da Xunta de Galicia.
  • Persoas que necesitan apoio psicolóxico, que son derivadas a un profesional deste ámbito.
  • Persoas que alertan sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social, cuxo caso se deriva, para a súa resolución, ás traballadoras e traballadores sociais da Consellería de Política Social.
  • E, por último, persoas que chaman porque, simplemente, queren manter unha conversa. Estas chamadas son atendidas por preto de 100 voluntarios e voluntarias, inscritos e supervisados pola Xunta de Galicia.

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a