Nova regulación do bono social e outras medidas de protección para persoas consumidoras domésticas de enerxía eléctrica

O Real Decreto 897/2017, de 6 de outubro, polo que se regula a figura da persoa consumidora vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para as persoas consumidoras domésticas de enerxía eléctrica, que será de aplicación as persoas físicas que sexan titulares dun punto de subministro de electricidade na súa vivenda habitual con potencia contratada igual ou inferior a 10 kW que cumpran certos requisitos establecidos no real decreto, establece dous tipos de persoas consumidoras a protexer, que son as que a continuación se relacionan:

Persoa consumidora vulnerable: aquela persoa física titular dun punto de subministro de electricidade na súa vivenda habitual, que esta acollida ao prezo voluntario ao pequeno consumidor (PVPC) e que cumpra algún destes requisitos:

  1. Que a renda familiar ou, no caso de formar parte dunha unidade familiar, a renda conxunta anual sexa igual ou inferior a:

  • a 1,5 veces IPREM de 14 pagas (7.529,76€ para o ano 2017), no caso de que non forme parte dunha unidade familiar ou non haxa ningún menor na unidade familiar;

  • a 2 veces el índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa unha/un menor na unidade familiar;

  • a 2,5 veces el índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa dúas/dous menores na unidade familiar.

  1. Estar en posesión do título de familia numerosa.

  2. Que a persoa consumidora e, no caso de formar parte dunha unidade familiar, todos os membros da mesma que teñan ingresos, sexan pensionistas, percibindo a contía mínima para as ditas pensións e non perciban outros ingresos.

Os multiplicadores de renda respecto ao IPREM incrementaranse, en cada caso en 0´5, sempre que concorran algunha das seguintes circunstancias especiais:

  • que a persoa consumidora ou algunha persoa membro da unidade familiar teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

  • que a persoa consumidora ou algunha persoa membro da unidade familiar acredite a situación de violencia de xénero.

  • que a persoa consumidora ou algunha persoa membro da unidade familiar teña a condición de vítima de terrorismo.

Persoa vulnerable severa:

  • aquela persoa consumidora e, no seu caso, a unidade familiar á que pertenza, que teña unha renda anual inferior ou igual ao 50% dos limiares establecidos no apartado a).

  • aquela persoa consumidora e, no seu caso, a unidade familiar á que pertenza, que teña unha renda anual inferior ou igual a unha vez o IPREM para o apartado c)

  • aquela persoa consumidora e, no seu caso, a unidade familiar á que pertenza, que teña unha renda anual inferior ou igual a dúas veces o IPREM para as familias numerosas.

Persoa consumidora en risco de exclusión social: Aquela persoa consumidora que reúna os requisitos para ser vulnerable severa e que sexa atendida polos servizos sociais dunha Administración autonómica ou local que financie ao menos o 50% do importe da súa factura. Para estas persoas consumidoras o subministro de electricidade será considerado esencial (O subministro, nestes casos, non poderá ser suspendido cando a administración que asuma ao menos o 50% do importe da factura, efectúe o pago e o acredite mediante o correspondente certificado ante o comercializador de referencia nun prazo de 5 meses dende a data de emisión da factura). 

 

Características do bono social:

O bono social será un desconto sobre o PVPC, calculado segundo o R.D. 216/2014, do 28 de marzo.

O prezo resultante do dito desconto será a TUR (tarifa do último recurso):

  • a TUR de aplicación á persoa consumidora vulnerable será o prezo resultante de aplicar un desconto do 25% en todos os termos que compoñen o PVPC

  • a TUR de aplicación á persoa consumidora vulnerable severa será o prezo resultante de aplicar un desconto do 40%.

En ambos casos, o desconto será aplicado tendo en conta o límite de enerxía subministrada previsto para a facturación do termo de enerxía do PVPC por período de facturación. A enerxía subministrada por encima do dito límite será facturada ao PVPC.

Categorías

 

 

 

Límites máximos ao consumo (kWh)

 

Unidade familiar sen menores /demandante individual

1.200

Unidade familiar cunha/un menor

1.680

Unidade familiar con dúas/dous menores

2.040

Unidade familiar familias numerosas

3.600

Unidade familiar /demandante individual - pensionistas (contía mínima)

1.680

 

O bono social aplicarase durante o prazo de dous anos, agás que con anterioridade se produza a perda dalgunha das condicións que dan dereito a súa percepción. O dito prazo será prorrogable, previa solicitude, cunha antelación mínima de 15 días hábiles da finalización do dito prazo, da persoa consumidora titular do punto de subministro de electricidade.

Quedarán eximidas de solicitar a renovación do bono social as familias numerosas mentres o título de familia numerosa estea en vigor.

 

Solicitude do bono social

As persoas consumidoras que xa eran beneficiarias do bono social dispoñen de 6 meses para acreditar a condición de consumidor vulnerable.

As comercializadoras de referencia deberán remitir ás persoas clientes acollidas ao PVPC información sobre os novos requisitos e o procedemento para solicitalo.

 

Enlaces a normativa:

https://www.boe.es/boe/dias/2017/10/07/pdfs/BOE-A-2017-11505.pdf

https://www.boe.es/boe/dias/2017/10/09/pdfs/BOE-A-2017-11532.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a