Cómo se accede ao Bono Concilia?

O Bono Concilia é un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza nunha escola infantil privada da súa elección, naqueles casos de nenos ou nenas que queden en lista de espera nas escolas infantís públicas ou financiadas con fondos públicos, ou residan en localidades nas que non existen prazas públicas.

Deberán presentar unha solicitude, segundo o modelo normalizado, indicando a opción de renovación da axuda ou de nova solicitude, segundo corresponda, e tamén o anexo II relativo á comprobación de datos da/o cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar, aquelas persoas que se atopen nos seguintes supostos:

  • Ter obtido axuda deste programa no curso 2018/19 e solicitala para a mesma nena ou neno.
  • Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2019/20 e solicitala para un irmán ou irmá.
  • Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.

Solicitude e tramitación en liña

Ligazóns de interese

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a