Programa Bono coidado, axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 12 anos

Obxecto: convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares.

Tipo de axuda: A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos:

  • Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
  • Enfermidade da persoa coidadora habitual.
  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
  • Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.

Concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado (un máximo de 20 horas na anualidade 2017 e de 60 horas na anualidade 2018).  O número total de horas concedido incrementarase un 15% por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.

O período subvencionable será dende o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 30 de abril de 2018.

Ligazóns de interese

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a