Tarxeta Benvida, axuda económica para as familias con fillas e fillos nados, adoptados ou en situación de garda con fins adoptivos, no ano 2018

Obxecto:

É unha axuda económica para as familias que no ano 2018 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena.

Esta axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Persoas beneficiarias:

 Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
  • Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.
  • Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

2. Tamén poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2018


Contía:

1. Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla nado/a en 2018 durante o un ano da súa vida a razón de 100 €/mes, que se farán efectivos do seguinte xeito:

  • Ano 2018: un único pagamento coa contía que corresponda en función do mes de nacemento ou, de ser o caso, do ditame da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos e ata o mes de decembro, incluído.
  • Ano 2019: un único pagamento coa contía que corresponda desde xaneiro e ata o mes anterior ao que o neno ou nena cumpra un ano ou ata o mes anterior a que se cumpra un ano do ditame da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

2. Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditame da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos,  nas seguintes contías:

  • 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
  • 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.
  • 2.400 €/ano, a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.

Esta ampliación farase efectiva en pagamentos anuais sucesivos co importe que corresponda ata o mes de decembro do exercicio en curso en función do mes de nacemento, ou do ditame da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos do fillo ou filla polo/a cal se concedeu a axuda.

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria

 

 

Orde do 19 de xuño de 2018 (modificación da convocatoria)

 


 

INFORMACIÓN:

 

Atención telefónica : 012
 

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ligazóns de interese

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a