Liña de axuda á Infancia: 116111

A liña de axuda á infancia é un servizo para todos os nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesiten axuda ou queiran falar sobre os problemas que lles afectan.

Tamén poden chamar todas aquelas persoas que saiban ou sospeiten que algún neno ou nena pode estar a ser maltratado ou que non está a ser correctamente atendido.

Será un servizo gratuíto para a persoa chámante e accesible desde todo o territorio de Galicia, que funcionará as 24 horas do día e estará atendido por persoal especializado.

O seu obxectivo é que a liña de axuda á infancia teña acceso a través do mesmo número en toda Europa.

 

Ligazóns de interese

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a