Que é unha familia numerosa?

É a unidade familiar formada por un ou dous ascendentes e tres ou mais fillas ou fillos, sexan ou non comuns. E aquelas que estean formadas por:

  • Unha ou dúas persoas ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, sempre e cando unha destas sexa discapacitada ou estea incapacitada para traballar.
  • Dúas persoas ascendentes, cando ambas fosen discapacitadas, ou como mínimo unha delas tivese un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, ou estivesen incapacitadas para traballar, con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns.
  • A nai ou o pai separados ou divorciados, con tres ou máis fillas ou fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares ou non vivan no domicilio conxugal, sempre que estean baixo a súa dependencia económica.
  • Dúas ou máis irmás e irmáns orfos de nai e de pai sometidos a tutela, acollemento ou garda, que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora, pero que non estean ás súas expensas.
  • Tres ou máis irmás ou irmáns orfos de nai e de pai, maiores de 18 anos (ou dous, se un deles é discapacitado), que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
  • Nai ou pai con dúas fillas ou fillos, cando falece a outra persoa proxenitora.

De acordo coa Lei 26/2015, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia, con vigor dende o 18 de agosto de 2015, as persoas menores de idade sometidas a tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído terán a mesma consideración  que as fillas e fillos. As e os menores que estiveran nalgunha destas situacións, cando acaden a maioría de idade e permanezan na unidade familiar conservarán dita consideración aos efectos do recoñecemento e mantemento do dereito de ostentar a condición de familia numerosa.

Ligazóns de interese

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a