Vivenda: axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas

21/04/2021

Obxecto: convocar para o exercicio 2021, con financiamento plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, que teñan máis de dez anos de antigüidade e que non estean descualificados (código de procedemento VI420A).

Actuacións subvencionables

1. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas obras destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación que comprendan todas ou algunhas das seguintes actuacións:

  • Adecuación das condicións de seguridade: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.
  • Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.
  • Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.
  • Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas, ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial.

As actuacións deberán axustarse á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución.

2. As ditas actuacións poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención, sempre que non teñan comezado antes do 1 de xaneiro do ano 2021 e non teñan executado mais dun 60% do custo total das obras.

3. Non serán subvencionables as actuacións que teñan custos pagados con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano correspondente á convocatoria nin aquelas que teñan pagamentos efectuados por un importe superior ao 60% do custo da obra con anterioridade á data da correspondente solicitude.

Contía e características da axuda

A contía nas subvencións será do 60% do orzamento aprobado na resolución de concesión e ata un máximo de 5.000 euros por vivenda.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 


En prazo de presentacion: Data límite:21/06/2021
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a