Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos

13/04/2021

Obxecto:

Convocar, para o ano 2021, as axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos (código de procedemento MT402A).

Os seus principais obxectivos son aumentar a sensibilidade cidadá en relación coas alteracións ou impactos en relación coa paisaxe, é dicir, nas cales diversas actuacións xeraron transformacións que deterioraron o carácter ou a calidade da paisaxe; así como sensibilizar e fomentar a colaboración cidadá en coordinación coas administracións públicas.

Actuacións susceptibles de subvención:

• Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal, adaptadas aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.

• Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir, adaptados aos criterios da Guía de cor e materiais de Galicia.

• Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (paramentos e carpintarías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento, para substituílo por solucións adaptadas á Guía de cor e materiais de Galicia.

• Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica, ben de lousa, en función do material tradicional da comarca, de acordo coas recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia.

• Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50 metros), mediante a substitución de muros opacos por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

• Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional, adaptada aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

• Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de formigón, en cerramentos de predios, por solucións diáfanas ou sebes vexetais adaptadas aos criterios da Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

Contía da subvención:

O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de maio.

 

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:31/05/2021
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a