Política Social: subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

31/03/2021

Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades de carácter privado sen ánimo de lucro, sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria consonte o artigo 3 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia nalgunha das seguintes áreas:

a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como:

  1. Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como á promoción e captación de voluntariado.
  2. Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións.
  3. Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación: local, comarcal, etc.

b) Área de formación: persegue unha modernización e adaptación permanente das entidades de acción voluntaria á realidade social a través destas liñas fundamentais:

  1. Formación de persoas responsables de voluntariado e das persoas voluntarias.
  2. Fomento e incorporación de novas tecnoloxías dentro das entidades como, por exemplo, o deseño e mantemento de páxinas web.

c) Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando, de xeito transversal, as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado.

Tendo en conta o contexto actual de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, terán unha especial consideración as campañas de sensibilización e posta en valor do voluntariado como elemento estrutural e de apoio na mellora social, así como a formación orientada á prevención e asunción de protocolos en materia COVID-19 ou en materia de coordinación e traballo en rede de entidades orientada a seguir mellorando a resposta ante a pandemia, sempre que se realicen con estrito cumprimento dos protocolos e das medidas establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

 

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:30/04/2021
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a