Subvención a entidades de iniciativa social de atención a persoas maiores e con discapacidade
26/07/2010
Subvencións a entidades de iniciativa social para mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais nos ámbitos da atención ás persoas maiores e persoas con discapacidade
Obxecto: establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións para o ano 2010 a entidades de iniciativa social que leven a cabo programas e presten servizos sociais especializados destinados á atención dos seguintes colectivos:
- Persoas con discapacidade, co obxecto de que estas acaden a súa máxima autonomía e independencia, impulsando a súa participación social e asociativa e facendo efectiva a igualdade de oportunidades a través de accións de apoio de carácter específico, destinadas a previr ou compensar as desvantaxes ou especiais dificultades que teñen as persoas con discapacidade, atendendo os diferentes tipos e graos de discapacidade.
- Persoas maiores, orientadas á consecución do seu benestar, autonomía e integración social.
Para máis información sobre a convocatoria http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/29406?OpenDocument