Emprego e Igualdade: II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19

18/02/2021

Obxecto: Convocar as axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19 a través de dous programas:

  • Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A).
  • Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B).

 

Programa I. Persoas traballadoras autónomas (código de procedemento TR500A)

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para faceren fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

Poderán ser beneficiaras das axudas reguladas nesta orde:

1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que tivesen unha alta anterior ao 30 de marzo de 2020 e que acrediten unha baixada de facturación de polo menos o 45% nos termos establecidos no artigo 19.3.

2. As persoas autónomas societarias que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30 de marzo de 2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarias cunha porcentaxe de participación mínima do 25% e cumpran os requisitos de baixada de facturación.

3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, teñen estado de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses en cada un dos anos 2018 e 2019.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%.

Solicitude e tramitación en liña

 

Programa II. Microempresas (código de procedemento TR500B)

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45%.

Excepcionalmente, poderán ser beneficiarias as empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e o volume de facturación non sexa superior a dous millón de euros no último ano en que se presentasen contas e acrediten un descenso de facturación superior ao 60%. No caso das pemes pertencentes ao canal de distribución Horeca, o volume de facturación elevarase ata os cinco millóns de euros.

Persoas beneficiarias: As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes, conforme o indicado no artigo 29, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45%.

Solicitude e tramitación en liña


 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:18/03/2021
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a