Emprego e Igualdade: Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D).

23/02/2021

Programa I Hostalaría (código de procedemento TR500C)

Este programa ten por obxecto apoiar as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Para os efectos destas axudas considéranse dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos. 

Así mesmo, para os efectos destas axudas entenderase que está afectado polo peche, aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o interior do mesmo, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.

Importe das axudas

O importe da axuda por establecemento determinase en función da data de peche do mesmo, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos pola data peche perimetral do concello en que se sitúen do seguinte xeito:

– Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 €.

– Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021, percibirán unha axuda única de 2.200 €.

– Os establecementos pechados, en virtude de dous ou mais ordes das comprendidas nas alíneas b), d), f) e h) do artigo 18.1 percibirán unha axuda única de 2.700 €.

Solicitude e tramitación en liña

 

Programa II Outras actividades pechadas (código de procedemento TR500D)

Este programa ten por obxecto apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias. Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.

O importe da axuda por establecemento determínase en función da data do seu peche, do seguinte xeito:

– Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 €.

– Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 2.200 €.

– Os establecementos pechados, en virtude de dúas ou máis ordes das comprendidas nas alíneas a), b), c) e d) do artigo 29 percibirán unha axuda única de 2.700 €. Igualmente percibirán unha axuda única de 2.700 € as actividades de atraccións de feira a que se refire o punto 3 do artigo 29.

Solicitude e tramitación en liña

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0...

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:23/03/2021
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a