Obxecto: Convocar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás asociacións de nais e pais de alumnos/as (anpas) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de anpas, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás anpas e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.
Accións subvencionables:
Poderán ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que realizarán as anpas, federacións e confederacións de anpas, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de decembro de 2020 e o 30 de novembro de 2021.
Así mesmo, para que o programa e actividades poida ser subvencionado ao abeiro desta resolución ten que incluír, como mínimo, o desenvolvemento e realización dunha actividade dirixida directamente ás familias, nais e pais, que facilite a difusión, información, coñecemento e mesmo reflexión sobre as actividades de difusión levadas a cabo co alumnado e o resto da comunidade educativa.
Serán obxecto de subvención as citadas actividades e programas que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías contempladas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:
Solicitude e tramitación en liña
En prazo de presentacion: Data límite:11/03/2021