Emprego e Igualdade: subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en formación

20/11/2020

Obxecto

Convocar as subvencións, en réxime da concesión directa, en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiadas pola referida consellería, código de procedemento TR301V, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego e obradoiros de emprego.

 

Persoas beneficiarias

1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias, as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde e nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda, nos termos do disposto no capítulo IV e no anexo II da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

2. Para os efectos do anterior, terán a condición de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.

Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, nos supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.

A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixa de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.

Bolsas e axudas

As subvencións reguladas por esta orde refírense ás bolsas de asistencia para persoas con discapacidade e persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego, ás axudas de transporte, ás axudas para manutención, ás axudas á conciliación e ás axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero, para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas.

Modo de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, para a súa posterior tramitación a través do sistema informático SIFO.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Formación e Colocación ou ás xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade, segundo cal sexa o tipo de acción formativa en que se participa, de conformidade co establecido nesta orde:

  • As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, procedemento TR302A, e nas accións formativas impartidas polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dirixiranse á Dirección Xeral de Formación e Colocación.
  • As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas distintas ás que se mencionan nas anteriores letras, incluíndo, en todo caso, as derivadas de cursos financiados no marco do procedemento TR301P, da oferta formativa executada nos centros da Consellería de Emprego e Igualdade, así como nos centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos, dirixiranse ás correspondentes xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade, segundo a provincia ou ámbito territorial.

Prazo de presentación das solicitudes

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito, coa data límite do 30 de novembro de 2021.

 

Solicitude e/ou tramitación en liña

 

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:30/11/2021
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a