Medio Rural: axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19

29/10/2020

Obxecto:

Convocar as axudas temporais e excepcionais ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) 2020/872 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 1305/2013 no que respecta a unha medida específica destinada a proporcionar axuda temporal excepcional no marco do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) en resposta ao brote de COVID-19.

Así mesmo, convócase para o ano 2020 as seguintes axudas:

a) Axudas para a continuidade do sector de flor cortada e planta ornamental (procedemento administrativo MR436E).

b) Axudas para a continuidade do sector de vacún de carne (procedemento administrativo MR436F).

As axudas recollidas nesta orde teñen como finalidade garantir a continuidade da actividade empresarial nos sectores de flor cortada e planta ornamental e no de vacún de carne.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas físicas e xurídicas:

  • a) As persoas titulares das explotacións agrarias de flor cortada.
  • b) As persoas titulares dos viveiros de planta ornamental.
  • c) As asociacións, agrupacións, organizacións de produtores de flor cortada ou planta ornamental ou as persoas das alíneas anteriores, que realicen a comercialización dos produtos dos seus socios.
  • d) As persoas titulares de explotacións agrarias con orientación produtiva cárnica de vacún.

 

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:30/11/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a