Política Social: Bono coidado extraordinario á dependencia

12/06/2020

Obxecto: Convocar axudas económicas para os gastos derivados da contratación dun servizo de axuda no fogar, para a contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras ou para paliar a diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada para atender no domicilio ás persoas usuarias de centros de día de persoas maiores e de centros de día específicos de alzheimer, e de centros de día e ocupacionais de persoas con discapacidade, e para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva a estas persoas, toda vez que a actividade destes centros está suspendida pola situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 Co fin de facilitar a atención das persoas usuarias destes centros no seu domicilio e para a prestación dos servizos de estimulación física e cognitiva, o obxecto desta orde defínese a través da concesión de axudas económicas para os seguintes gastos:

  • Modalidade de contratación dun servizo de axuda no fogar, de gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, e de compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada.
  • Modalidade de contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva.

As dúas modalidades son compatibles, isto é, as persoas beneficiarias poden solicitar una delas ou as dúas.

 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas familiares que subscriban un contrato para a prestación do servizo de axuda no fogar ou un contrato ou ampliación doutro existente cunha persoa coidadora, ou que soliciten unha excedencia ou redución de xornada para atender ás persoas usuarias de centros de día de maiores e de centros de día específicos de alzheimer, e de centros de día ou ocupacionais de persoas con discapacidade, autorizados e inscritos no RUEPSS, cuxa actividade está suspendida segundo o disposto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19; ou para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva a estas persoas.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200612/2334/AnuncioG0425-110620-0001_gl.pdf

 

En prazo de presentacion: Data límite:13/07/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a