INEGA: subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética

25/05/2020

Obxecto: Convocar subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan galego de eficiencia enerxética nas familias (código de procedemento IN414C).

Plan Renove de electrodomésticos.

É subvencionable a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++. No caso das placas é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Electrodomésticos subvencionables (segundo a corrección de erros)

Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.

 

Electrodomésticos subvencionables

Axuda máxima (€/electrodoméstico)

Consumidor

xeral

Consumidor vulnerable

Consumidor vulnerable severo

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A+++

150

300

450

Conxelador con clasificación enerxética A+++

Lavadora A+++

100

200

300

Lavalouza A+++

Placa de indución total

100

200

300

 

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos».

Instalacións domóticas enerxéticas.

Son subvencionables as novas instalacións de elementos domóticos enerxéticos citados na seguinte táboa e a adaptación das instalacións existentes para a súa integración efectiva:

 

  • Monitorización térmica da vivenda (sensores de humidade, temperatura, CO2 e/ou radon e termóstatos comunicados cun equipamento centralizado)
  • Monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo, racionalizadores de potencia, actuadores para a programación de acendidos e fotocélulas comunicados cun equipamento centralizado)

As solicitudes para a renovación de electrodomésticos e de domótica enerxética presentaranse a través das entidades colaboradoras.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para a actuación 1 e o día 2 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para a actuación 2 e rematará o 30 de setembro de 2020 ou cando se esgoten os fondos.

 

Mais información: http://www.inega.gal/

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200525/AnuncioG0474-280420-0002_gl.pdf

Corrección de erros: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200608/AnuncioG0474-020620-0001_gl.pdf

 

En prazo de presentacion: Data límite:30/09/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a