Vivenda: axuda complementaria á dos programas do bono de alugueiro social e do bono alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítim

22/05/2020

Obxecto:

Aprobar a concesión directa das subvencións complementarias ás dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

Estas axudas son complementarias ás subvencións concedidas ás persoas beneficiarias dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero e teñen a finalidade de subvencionar, conxuntamente con estas, o importe mensual da renda do alugueiro da vivenda, satisfacendo deste xeito unha solución habitacional a colectivos especialmente vulnerables.

Persoas beneficiarias

1. Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que teñan unha resolución de concesión inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa do bono de alugueiro social ou do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como aqueloutras que resulten beneficiarias en virtude das actuais convocatorias.

2. Será requisito necesario para ser persoa beneficiara destas axudas que no expediente de concesión conste o correspondente contrato de alugamento da vivenda achegado pola persoa interesada.


O procedemento de concesión destas axudas iníciase de oficio, cos datos que figuran no expediente do Programa do bono de alugueiro social ou, de ser o caso, do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

Xustificación da subvención:

Mediante a presentación, dentro dos dez primeiros días naturais de cada mes, dunha declaración responsable en que a persoa beneficiaria indique que continúa residindo na vivenda alugada, a cal deberá ir dirixida á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.

Poderá presentarse por vía electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada ou en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200522/AnuncioC3Q2-190520-0003_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a