Vivenda: Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero

08/04/2020

Obxecto: convocar para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como a prórroga destas axudas para todas as persoas que resultasen beneficiarias deste programa no ano 2019 con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias da concesión inicial deste programa as seguintes unidades de convivencia:

a) As das mulleres vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación.

Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa, con resultado de morte.

b) As das fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, que se encontrasen nunha situación de dependencia económica da nai ou do agresor no momento do falecemento da vítima.

Para os efectos deste programa, considérase unidade de convivencia o conxunto de persoas que habitan e gozan dunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF).

Poderán ser beneficiarias da prórroga da axuda, aquelas persoas que, resultando beneficiarias desta axuda e non tendo perdido o dereito mediante a oportuna resolución, finalicen o seu período de desfrute durante o ano 2020 e cumpran os requisitos previstos na resolución. O cómputo dos ingresos e a comprobación dos datos necesarios para a concesión da prórroga realizarase conforme o establecido nesta resolución.

 

Prazo de presentación de solicitudes:  terminará o día 11 de decembro de 2020 e, en todo caso, co esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

 

Solicitude bono alugueiro e tramit...

 

Solicitude de prorroga do bono alu...

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200408/AnuncioC3Q2-030420-0001_gl.pdf

 

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:11/12/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a