Política Social: Convocatoria das axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas i

24/03/2020

Obxecto: Convocar as axudas económicas ás escolas infantís 0-3 anos de titularidade privada para promover a aplicación dunha bonificación do 100% do prezo correspondente á atención educativa prestada entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2020 e da gratuidade da matrícula relativa ás prazas ocupadas para o curso 2020/21 por segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar (código de procedemento BS420C).

Para os efectos desta orde entenderase por atención educativa a actividade realizada dentro da aula en horario ordinario.

 Contía da axuda

 

  • As axudas compensarán a aplicación da bonificación do 100% do prezo da atención educativa relativa a segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar na contía do prezo mensual que lle correspondera aboar á familia segundo as tarifas establecidas polas horas de asistencia do neno ou nena ata un máximo de 260 euros/mes por praza a xornada completa, excluído, en todo caso, o mes de vacacións do neno ou nena.
  •  Así mesmo, bonificarase a gratuidade da matrícula do curso 2020/21 dos segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar cunha axuda de ata un máximo de 200 euros por matrícula, excluído calquera concepto distinto do de inscrición e referida unicamente aos nenos e nenas que ocupan praza na data da certificación de ocupación para a xustificación.
  • As axudas calcularanse en función das tarifas da escola infantil no curso 2019/20 e do prezo da matrícula, os cales se poderán incrementar ata un 10% para o curso 2020/21, sen superar o tope de 260 euros/mes e 200 euros por matrícula respectivamente, e do número de segundos/as e sucesivos/as fillos/as que a entidade declare na solicitude.
  • Para os efectos do previsto nos números anteriores, desde o mes de abril de 2020, este incluído, a entidade emitirá os xustificantes mensuais de pagamento para entregaren aos suxeitos obrigados nos que conste o número de horas ao día de asistencia e o importe que lle correspondería aboar coa lenda «prezo bonificado 100%». Esta lenda constará igualmente nos xustificantes de matriculación do curso 2020/21. Nos supostos nos que as axudas non acaden o 100% do custo por atención educativa e matrícula será a cargo das entidades beneficiarias a contía da bonificación en que exceda a contía da subvención outorgada pola autonómica.
 Entidades beneficiarias

Poderán optar a estas axudas as entidades privadas e as de iniciativa social que non accedan á bonificación da gratuidade da atención educativa e da matrícula a través doutros programas sempre que en ambos os dous casos teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

 

Solicitude tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200324/AnuncioG0425-130320-0001_gl.pdf

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:01/10/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a