Obxecto: Convocar as axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Gasto subvencionable e contía da axuda
O gasto subvencionable é a suma global (importe a tanto global) de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos.
Persoas destinatarias e requisitos
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de marzo ata o día 31 de xullo de 2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.
Solicitude e tramitación en liña
Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200309/AnuncioG0425-270220-0001_gl.pdf
Terminou o prazo de presentacion Data límite:31/07/2020