Vivenda: Convocatoria de liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020

26/02/2020

Obxecto: Convocar para o ano 2020 as subvencións dos seguintes programas para actuacións de rehabilitación:

a) Programas de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), con carácter plurianual, que se tramitarán co código de procedemento VI422E. Prazo de solicitude: ata o 26 de marzo.

Solicitude e tramitación en liña

Bases reguladoras

Extracto da convocatoria

 

b) Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente ás áreas de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se tramitará co código de procedemento VI408H. Prazo de solicitude: ata o  30 de outubro.

Solicitude e tramitación en liña

Bases reguladoras

Extracto da convocatoria

 

c) Programa para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, con carácter plurianual, que se tramitará co código de procedemento VI422F. Prazo de solicitude: ata o 30 de abril.

Solicitude e tramitación en liña

Bases reguladoras

Extracto da convocatoria

 

 d) Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, que se tramitará co código de procedemento VI406A. Prazo de solicitude: ata o 30 de abril.

Solicitude e tramitación en liña

Bases reguladoras

Extracto da convocatoria

 

e) Programa Rehaluga para as persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, que se tramitará co código de procedemento VI426C. Prazo de solicitude: ata o 10 de novembro.

Solicitude e tramitación en liña

Bases reguladoras

Extracto da convocatoria

 

O prazo para presentar as solicitudes desta convocatoria comezará o día 27 de febreiro (día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG) e rematará ao se esgotar a partida orzamentaria contida nesta convocatoria –o que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS– e, en todo caso, nas datas máximas establecidas para cada programa.

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioC3Q2-070220-0001_gl.pdf


borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a