Política Social: axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social

21/04/2020

Obxecto: Convocar axudas económicas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, coa finalidade de consolidar a oferta existente e de ofrecer un servizo amplo de conciliación da vida familiar e laboral no que se preste unha atención educativa de calidade e cuns prezos homoxéneos para as familias.

Con estas axudas financiaranse gastos de mantemento dos centros, para contribuír ao sostemento dos centros de educación infantil 0-3 anos existentes e a fomentar a mellora da súa calidade, e compensarase a aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada a partir do 1 de abril de 2020 e da gratuidade da matrícula relativa ás prazas ocupadas para o curso 2020/21 por segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar.

Características da axuda

As axudas para gastos de mantemento teñen como finalidade compensar aqueles que se produzan e/ou se abonen dende o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de xustificación nos seguintes conceptos:

  • Gastos de persoal, sempre que os seus importes non excedan os salarios e complementos establecidos para cada categoría profesional no último convenio colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil.
  • Gastos de alimentación.
  • Outros gastos xerais de mantemento do centro.

As axudas pola aplicación da bonificación do 100 % do prezo da atención educativa relativas a segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar compensarán a contía do prezo mensual que lle correspondera aboar á familia nunha praza pública segundo o previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, desde o mes de abril ata o de decembro de 2020.

 

Así mesmo, bonificarase a gratuidade da matrícula do curso 2020/21 dos segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar cunha axuda de ata un máximo de 100 euros por matrícula, excluído calquera concepto distinto do da inscrición e referida unicamente aos nenos e nenas que ocupan praza na data da certificación de ocupación para a xustificación

 

Solicitude e presentación en liña

 

Modificación: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200421/AnuncioG0425-010420-0001_gl.pdf

 

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200206/AnuncioG0425-170120-0003_gl.pdf

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:21/05/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a