Familias Hoxe
Trámites

Guía de comunicación


Ligazóns
Consellería de Traballo e Benestar
FormacionBenestar.com
Galiña azul
Mediación Intraxudicial
Consorcio Galego
Asociación Galega de Familias Numerosas
Xuventude.net
Voluntariado Galego
Quérote
Preescolar na casa. Educar en Familia

Inicio > Axudas e Subvencións

Subvencións para a cobertura do custo de procesos de mediación familiar no ano 2010


05/07/2010

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 14 de xuño de 2010 pola que se regulan as bases para concesión de subvencións para a cobertura do custo de procesos de mediación familiar e se procede á súa convocatoria para 2010.

Obxecto: cobertura do custo dun proceso de mediación familiar, cun máximo de seis sesións, mediante a adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal de 60 euros por sesión de mediación e ata un máximo de 360 euros.

Destinatarios/as: as persoas residentes en Galicia unidas por vínculo matrimonial ou que forman unha unión estable de parella, que se atopen nun proceso de separación, divorcio ou nulidade do matrimonio ou ben de ruptura da unión, así como en conflitos de convivencia. Para poder solicitar a subvención é preciso que teñan ou non iniciado ou solicitado a iniciación dun proceso de mediación a partir do 1 de xaneiro de 2010 con algún das e dos profesionais inscritas e inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores de Galicia e que estean adheridos ao programa Mediagal de mediación familiar galega.

Prazo de  presentación de solicitudes: finaliza o 31 de outubro de 2010.


En prazo de presentacion:
Data límite:31/10/2010