Política Social: axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías fin de semana nas estacións de montaña

31/10/2019

Obxecto

Convocar axudas económicas destinadas ás familias numerosas de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Tipo de axuda e contía
Consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e os adultos, e en 37,5 € para os menores de 12 anos.


Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos das persoas beneficiarias
Ademais dos requisitos determinados no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

 

O prazo para a presentación das solicitudes será do 1 de novembro ata o 2 de decembro.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191031/AnuncioG0425-231019-0001_gl.pdf

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:02/12/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a