Sanidade: subvencións, con cargo ao 0,7% do IRPF, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por EIS

25/09/2019

Contidos dos proxectos

De acordo co establecido na carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre drogas:

1. Serán programas básicos os seguintes:

  • Ámbito escolar: «Saúde na escola» e «Non pasa nada ¿pasa algo?».
  • Familiar: «Máis que un teito», «En familia todos contan» e «Entre todos».
  • Xuvenil: «Activa» e «Cambio de sentido».

2. Serán programas complementarios:

  • Os seguintes programas da carteira de servizos: «Ao alcance», «Cine e saúde», «Odisea», «Creative» (sempre que se leve a cabo con medios propios da entidade), «Acais», «Información-sensibilización» e «Formación de mediadores».
  • Calquera outro que a entidade solicitante considere oportuno desenvolver.

Poderanse presentar ata un máximo de 3 programas complementarios. Neste caso terán unha especial valoración as actividades relacionadas coa prevención do consumo de cánnabis, o xogo patolóxico e os problemas relacionados co uso da internet e as TIC.

Os programas da carteira de servizos «Alternativa», «Itínere» e «Penélope» non serán valorados nesta convocatoria de axudas. O programa Sísifo soamente será valorado para as entidades que opten á clase 3.

 

3. Serán programas e actividades de diminución de riscos e redución de danos dirixidos a drogodependentes en situación de emerxencia social (programa Sísifo), os seguintes:

  • Programa de captación activa e intervención en medio aberto.
  • Programa de centro de encontro e acollida.
  • Programa de intercambio de material de inxección, dispensa e distribución de kits hixiénicos, preservativos, etc.
  • Programa de información-formación ás persoas destinatarias do proxecto.

4. Todos os programas e actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190925/AnuncioC3K1-170919-0001_gl.pdf

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:25/10/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a