Mar: axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade durante o ano 2019

24/09/2019

Obxecto

Convocar as axudas destinadas a familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade no ano 2019.

Para os efectos desta orde consideraranse profesionais do mar as seguintes persoas:

  • Os tripulantes galegos de calquera tipo de embarcación pesqueira debidamente enrolados nela e calquera que sexa o seu pavillón.
  • Os tripulantes non galegos que coticen no réxime especial do mar da Seguridade Social nun buque pesqueiro con porto base en Galicia.
  • Os mariscadores, con autorización expedida pola Consellería do Mar, no desenvolvemento lícito da súa actividade e de acordo coas disposicións establecidas na materia pola citada consellería.
  • Os traballadores de viveiros flotantes radicados en augas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teñen a condición de galegos, de acordo co artigo 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa en calquera dos municipios de Galicia.

Tamén terán a consideración de falecidos para os efectos desta orde aquelas persoas que, como consecuencia dun accidente no mar, estivesen desaparecidas unha vez transcorridos 10 días desde a data en que tivo lugar o sinistro.

 

Persoas beneficiarias e contía das axudas:

Cada falecemento dará lugar á concesión dunha axuda a favor dalgunha das seguintes categorías de beneficiarios:

  1. Cónxuxe ou parella de feito no momento do falecemento: 3.000 €
  2. Fillo ou fillos do falecido menores de 21 anos: 1.000 € por cada fillo/a

 

Solicitude: Procedemento PE113E, estara dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190924/AnuncioG0427-180919-0001_gl.pdf

 

En prazo de presentacion: Data límite:16/12/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a