Educación: axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial

11/09/2019

Obxecto: axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2019/20 de persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED421A).

Requisitos das persoas solicitantes

Poderán solicitar estas axudas as persoas tituladas universitarias que cumpran os seguintes requisitos:

 

  • Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
  • Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
  • Estar matriculado no curso académico 2019/20 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
  • Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 12 do Decreto 73/2019, do 4 de xullo (DOG núm. 131, do 11 de xullo), polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20.
  • Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

Contía da axuda:

A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos do máster universitario oficial, segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 73/2019, do 4 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

 

  • Para os incluídos no punto 1.2 do anexo do decreto a contía máxima asignada será de 835,8 € para os da epígrafe A) e de 591 € para os da epígrafe B).
  • Para os incluídos no punto 1.3 do anexo do decreto a contía máxima asignada será de 1.881,6 € para os da epígrafe A) e de 1.296,6 € para os da epígrafe B).

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190911/AnuncioG0534-040919-0002_gl.pdf

 

En prazo de presentacion: Data límite:21/10/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a