INEGA: subvencións relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente

08/07/2019

Obxecto: Convocar as subvencións para a adquisición no ano 2019 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas.

A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes presentaranse a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.

Será subvencionable a adquisición de vehículos novos M1 ou N1 de transición a unha mobilidade eficiente cun custo inferior ou igual a 40.000 € (impostos incluídos) e sendo obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 ou N1 de máis de 10 anos.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a seguir:

  • As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Contía: O aforro por vehículo do Plan de transición a unha mobilidade eficiente corresponderá un 50 \% a axuda pública e o outro 50 \% a un desconto antes de impostos asumido polo fabricante/importador ou punto de venda. En ningún caso a contía da axuda poderá ser superior ao custo da actuación que se define como o custo do vehículo sen incluír a axuda pública.

Tipo de vehículo

Axuda Inega

Desconto concesionario

Total

Turismo M1, nivel de axuda A: cun límite de emisións de ata 100 g CO2/km

750 €

750 €

1.500 €

Turismo M1, nivel de axuda B: cun límite de emisións de ata 120 g CO2/km

500 €

500 €

1.000 €

Furgonetas ou camións lixeiros N1: cun límite de emisións de ata 137 g CO2/km

500 €

500 €

1.000 €

 

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 30 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos.

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190708/AnuncioG0474-260619-0004_gl.pdf

 

borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a