Política Social: programa do Bono Concilia

12/06/2019

Obxecto: A axuda consiste nunha cantidade para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses.
Para os efectos desta orde, enténdese por escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á primeira infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro.

 

Requisitos das persoas beneficiarias:

a) Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2016.

b) Estar en calquera das circunstancias seguintes: 

  1. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono concilia.
  2. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 exercendo a opción do programa Bono concilia e que, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
  3. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
  4. Ter obtido axuda deste programa no curso 2018/19 e solicitala para a mesma nena ou neno.
  5. Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2019/20 e solicitala para un irmán ou irmá.
  6. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.

c) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.

d) Escolarizar o neno ou a nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia (DOG do 20 de xaneiro de 2012).

Bono concilia para nenos/as nacidos/as entre o 1 de decembro de 2018 e o 31 de xaneiro de 2019

As familias con nenos/as nacidos/as entre o 1 de decembro de 2018 e o 31 de xaneiro de 2019, que estean asistindo a unha escola infantil de titularidade privada, poderán solicitar directamente a axuda do Bono concilia sen a obriga de solicitar previamente unha escola sostida con fondos públicos. No caso de que a solicitasen e a teñan concedida, poderán renunciar expresamente a ela sen decaer no dereito á axuda do Bono concilia.

Bono concilia para nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo

Poderá optar á axuda do Bono concilia o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que, superando a idade máxima regulamentaria, teña concedida a flexibilización da duración do período de escolarización.

Solicitudes:

1. As persoas interesadas que se encontren nos supostos recollidosnos requisitos 1, 2 e 3, optarán automaticamente ao programa do Bono concilia desde o momento en que formen parte das correspondentes listas de espera definitivas, sen ter que presentar a solicitude regulada nesta orde.

2. De non se encontraren nos supostos previstos no número anterior, deberán presentar unha solicitude, segundo o modelo normalizado do anexo I en que indiquen a opción de renovación da axuda ou de nova solicitude, segundo corresponda, e tamén o anexo II relativo á comprobación de datos da/o cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190612/AnuncioG0425-290519-0001_gl.pdf

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:12/07/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a