Economía, Emprego e Industria: programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas

07/01/2020

Obxecto: Convocar axudas para a contratación por conta allea e a formación de mulleres dirixidas á empresas, coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo e, no caso de contratos indefinidos a tempo parcial, será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.
  • Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación de contratos temporais a indefinidos.

 

Entidades beneficiarias:

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos, as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 7 de xaneiro: do 8 de xaneiro ata o 7 de marzo.
  • Solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións subvencionables realizadas desde o 8 de xaneiro: dous meses dende a data no que se inicie o feito polo que se solicita a subvención.

 O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200107/AnuncioG0424-031219-0003_gl.pdf

 

En prazo de presentacion: Data límite:30/09/2020
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a