INEGA: Axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES)

16/04/2019

É un programa cuxa finalidade é conceder axudas a actuacións de apoio á mobilidade, mellorando a eficiencia enerxética no sector do transporte e da calidade do aire nas cidades, así como a redución de emisións de gases efecto invernadoiro.

Será subvencionable a adquisición directa ou por medio de operacións de financiamento por leasing financeiro ou arrendamento por renting de vehículos novos, matriculados por primeira vez en España.

Para a adquisición de vehículos novos da categoría M1 (vehículos de motor con ao menos catro rodas deseñados e fabricados para o transporte de viaxeiros, que teñan, ademais do asento do condutor, oito prazas como máximo) é requisito que a adquisición vaia acompañada da baixa definitiva no rexistro de vehículos da Dirección General de Tráfico doutro vehículo, da categoría M1 ou N1, cunha antigüidade maior de 10 anos ou de 7 anos, respectivamente.

 

Contía

No caso das persoas físicas, as contías serán:

  • para a compra de motocicletas (L3e, L4e, L5e) de 750 euros para unha autonomía maior ou igual a 70, sendo o prezo límite do custo de 10.000 euros.

  • para turismo categoría M1, as que a continuación se relacionan:

Homologación

Autonomía

Límite prezo venda

 

Contía administración

Contía fabricante/

importador ou punto de venda

Pila de combustible (FCV, FCHV)

 

 

5.500

 

 

PHEV, EREV, EV, Pila combustible (FCV, FCHV)

entre 12 a 32 km

40.000 (45.000 para persoas con discapacidade e mobilidade reducida e/ou familias numerosas)

1.300

 

Desconto dun mínimo de 1.000€ na factura de venda

entre 32 a 72 km

2.600

maior de 72 km

5.500

Cando a persoa destinataria última sexa unha persoa con discapacidade con mobilidade reducida e o vehículo sexa adaptado ou adáptese para a súa condución, sempre que a adaptación conste na ficha técnica, incrementarase a contía da axuda en 750 euros.

Cando a persoa destinataria última sexa unha persoa integrante dunha familia numerosa e o vehículo sexa de mais de 5 prazas, a contía incrementarase en 500 euros.

 

Quen se beneficia?

Entre outros colectivos, as persoas físicas maiores de idade residentes en España.

 

Forma e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes subscribiranas directamente os concesionarios de automóbiles, que actuarán como entidades colaboradoras, por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes, en concorrencia non competitiva, comezará o día 17 de xuño.


Resolución pola que se convocan as axudas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190416/AnuncioG0474-120419-0001_gl.pdf

Real Decreto que regula o programa MOVES: https://www.boe.es/boe/dias/2019/02/16/pdfs/BOE-A-2019-2148.pdf

 

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:31/12/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a