Igualdade: axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero...

14/03/2019

Obxecto: Convocar axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero. estan destinadas a proporcionar apoio económico, co fin de garantir que o feito causante (morte da nai ou lesións graves, por mor de violencia de xénero) supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos, e para as propias vítimas gravemente feridas.

Tipos de axudas

  1. Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero e que dependan economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
  2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requirisen hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

Requisitos das persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias da indemnización número 1, en réxime de igualdade, cada un dos fillos e fillas da vítima mortal da violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, sempre que na data do falecemento da súa nai cumprisen algún dos seguintes requisitos:

  • Ser menores de idade e convivir coa nai, independentemente da renda familiar.
  • Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase que existe dependencia económica cando na data do falecemento as persoas beneficiarias convivisen coa nai e non percibisen rendas, de calquera natureza, que en cómputo anual, superasen 12 mensualidades do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

Poderán ser persoas beneficiarias da indemnización número 2 as mulleres feridas gravemente, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión de violencia de xénero, sempre que na data en que producisen os feitos se cumprisen os seguintes requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada.
  • Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
  • Atoparse nunha situación de precariedade económica. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen non superen o importe do IPREM vixente.
  • Resultar gravemente ferida, con lesións que requiran hospitalización por causa de violencia de xénero.

Contía das axudas

O importe das indemnizacións fíxase na cantidade de sete mil euros (7.000 €) por cada persoa beneficiaria.

 Cando as persoas beneficiarias da indemnización fosen menores de idade, a dita indemnización aboarase ás persoas que asuman a súa patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190314/AnuncioG0244-110319-0001_gl.pdf


En prazo de presentacion: Data límite:02/12/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a