Axencia Instituto Enerxético de Galicia: subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019.

05/03/2019

Obxecto: apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou a solar térmica.

En concreto os proxectos de biomasa que se subvencionaran son os do grupo: A1 estufas de aire, cociñas calefactoras, A2 cambio de queimadores existentes que non sexa de biomasa e B1 equipamentos térmicos sen sistema de alimentación automática ou volume de acumulación de combustible V<250 litros e tamén os proxectos de biomasa dos grupos B2 e B3 (grupo B2 caldeiras con sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V≥ 250 litros e V<1.000 litros e B3 caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V≥1.000 litros) que se desenvolvan en zonas densamente poboadas.

Conceptos subvencionables

  • O equipo principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira, …). No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas).
  • Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
  • O custo do sistema de almacenamento do combustible.
  • O custe do sistema de alimentación do combustible.
  • O custe de montaxe e conexionado.
  • No caso da enerxía xeotérmica o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, as cales non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da lei9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de abril ao 1 de xullo.

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190305/AnuncioG0474-210219-0004_gl.pdf

 

Modificación de datas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190405/AnuncioG0474-020419-0001_gl.pdf

 

 

En prazo de presentacion: Data límite:01/07/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a