Axencia Instituto Enerxético de Galicia: subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2019.

05/03/2019

Obxecto: apoiar proxectos promovidos polos particulares e polas súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.

Conceptos subvencionables

  • Os paneis solares fotovoltaicos.
  • O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías.
  • O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
  • O custo de montaxe e conexión, así como a dirección de obra.
  • IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

Contía da axuda:

A contía da axuda será do 50 \\% do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 50.000 €. Adicionalmente, na procura de instalacións de potencia racionais, establécese un custo elixible máximo por vivenda de 8.000 €.

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas privadas sen personalidade, que non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de abril ao 1 de xullo

 

Solicitude e tramitación en liña

 

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190305/AnuncioG0474-210219-0002_gl.pdf

 

Modificación de datas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190405/AnuncioG0474-020419-0002/_gl.pdf

 

Terminou o prazo de presentacion Data límite:01/07/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a