Política Social: programa Iniciativa Xove

04/02/2019

Obxecto: Convocar as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís durante o ano 2019, cuxa finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Enténdense por iniciativas xuvenís os proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

Áreas de atención prioritaria

  • Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
  • Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
  • Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
  • Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
  • Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
  • Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
  • Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
  • Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
  • Dinamización da lingua galega entre a mocidade.

Persoas solicitantes

  • Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos establecidos na orde.
  • As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.

Solicitude e tramitación en liña

Convocatoria:

Convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190204/AnuncioG0425-220119-0003_gl.pdf

En prazo de presentacion: Data límite:04/03/2019
borde borde
borde borde
Xunta de Galicia
@ Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Política Social
Suxestións e queixas |Aviso legal |Atendémolo/a